8/2/10

INSERTAR IMAXES, VÍDEOS E DESEÑO DO BLOG


Ola a tod@s!
2º sesión de inmersión da web 2.0, e xa ides a toda máquin...
Hoxe os contidos previstos a tratar son os seguintes:
- Insertar, subir imaxes.
- Insertar, subir vídeos.
- Configuración e deseño do blog.
Claro que tamén deixaremos un tempo para as dubidas.
Vémonos pola tarde.
Un saúdo.

2/2/10

COMENTA ALGO DE COMO FOI A SESIÓN DE ONTE

Seguro que moi interesante.
Nesta entrada propoñovos que deixedes comentarios dos vosos avances e dubidas, facendo así unha pequena posta en común para ir vendo de paso a versatilidade deste recurso.
Un saúdo
María

27/1/10

O QUE FIXEMOS NA PRIMEIRA SESIÓN

Ola a tod@s!
A repasar... coa web 2.0, como non pode ser doutro xeito, para elo, deixovos  os vídeo titoriais do que fixemos na primeira sesión:

- CREACIÓN DO BLOG EN BLOGGER:


COMO CREAR UN BLOG from Maria on Vimeo.

2º PUBLICAR TEXTO E HIPERTEXTO:



O TEXTO QUE APARECE NO VÍDEO:
- Escribir como en calquer procesador de textos, como pode ser word.
- Usando o menú.
HIPERTEXTO, OU TEXTO CON ENLACE A UNHA DIRECCIÓN URL.
- Escribimos o texto que queremos enlazar:
Neste exemplo imos enlazar un vídeo aloxado en youtube de Milladoiro , polo que o texto que escollo para soportar o enlace é o do mome do grupo.
- Busco a URL abrindo outra ventana do navegador que estades usando ( internet explorer, mozilla firefox, safari...)
- Unha vez copiada a URL selecciono o texto a enlazar, vou a enlace no  menú, que tamén pode aparecer con un icono de cadea, pero ten a mesma función., pego a URL e acepto.
- Publico entrada.
- Ver blog

NOVIDADE!!!
ISTO NOS O FIXEMOS NA 1º SESIÓN, É PARA @S INTREPID@S QUE QUEIRAN  BUCEAR ALGO POLA SÚA CONTA...


PRESENTACIÓN FEITA EN DOCS, unha das aplicacións de gmail.
Coa idea de que vexades algunha das distintas opcións que nos ofrece a web 2.0, neste exemplo aparece a mesma información que no vídeo titorial, pero nun formato similar o power point:





Calquera dubida, non o pensedes, un correo e listo.
Un saúdo
María




24/1/10

INMERSIÓN NA WEB 2.O

UN HIPERTEXTO PARA VÓS A MODO DE SAÚDO.

Comeza o obradoiro da web 2.0 co uso e disfrute desde o primeiro día do EXPERIMENTA  como elemento dinamizador e ferramenta de alfabetización dixital.
Según vaia avanzando o curso medrará o blog xunto cos vosos...

Esta primeira sesión comeza coa creación dun blog en Blogger e posta en marcha do mesmo:
- Partes do blog.
- Creación.
- Configuración.
- Publicación dun texto.

Esperovos a tod@s mañá luns ás 18:30 no colexio.
Saúdos

María Rodriguez

Glosario
de termos para saír de apuros.